que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Este ano o homenaxeado foi Manuel María (1929-2004), poeta moi comprometido coa situación social e política de Galicia. Algunhas das súas obras máis coñecidas foron Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Os ollos na gaiola, A primavera de Venus... E para celebralo (un pouco á miña maneira) decidín facer esta entrada en galego. Ademáis, xa sei que o más idóneo sería que puxese o poema de A fala de Manuel María. Pero en vez diso, decidín escribir este poema defendendo o noso bonito idioma. Dicir que escribo por afición e que non penso, nin moito menos, que os meus poemas sexan unha obra de arte, pero bueno, gústame deixar un pouquiño da miña esencia neles. Espero que vos guste!
Orgullosos do noso falar
Escapa entre as tebras,
fuxe, sen acougo.
Poucos a perseguen.
Esquécena, pouquiño a pouco.
Caen as follas, a neve,
as flores, o sol, a sombra.
Corren os meniños,
os mozos, as mozas.
E só queda o recordo,
tan bonito, tan fermoso.
Un anaco daquelo que foi,
recordo dun tempo glorioso.
Onde te atopas?
síntote lonxe,
e quérote preto.
Quérote na boca do máis doce,
do máis triste, do máis ledo.
Quero que rompas o silencio,
Quero que non te afastes,
queda aquí, na miña, na nosa, nestas bocas
que piden, piden e non acougan.
Recorda: non te esquecemos,
pouco a pouco, somos menos.
Pero xa nos concienciamos.
Agora xa nos coñecemos.
Non te deixarei por descoñecidos,
que sempre dixeron: como o da casa,
en ningún sitio.
Por iso loitarei por ti.
Lento, paseniño.
Pero sen perderme polo camiño.
Por iso retorna ao teu fogar.
Porque estamos orgullosos.
Orgullosos do noso falar.